


Unha ruta por 8 adegas que nunca están en silencio, cheas de música tradicional. Imprescindible comprar un xerro para probar o viño nas distintas adegas, moitas delas furanchos. Outras son simplemente veciños que nos abren as portas das súas casas e nos deixan saborear o viño novo, viño no que levan traballando todo o ano. Nunca falta algo de comer, cada adega ten a súa tapa, porque todos sabemos que « beber sen comer, é cegar e non ver, ´´ e tampouco faltan os xogos tradicionais para os máis cativos.
Despois de pasear por tódalas adegas, cando xa apenas queda viño no pipo, nin tapas nas cociñas,xusto non momento en que cae os sol, é o momento de continuar a festa todos xuntos no campo da festa con concertos.