Un percorrido circular que nos leva pola beira do río Pereiro. 19 quilómetros para desfrutar da natureza con calma e sen présas, para tropezarnos de fronte ca tradición nas pedras caídas dos muíños, para comprender as nosas costumes nos muíños, aínda en pé, como os do Pereiro ou o de Novais.
Un percorrido para pararse a contemplar a arquitectura da natureza, que rompe con todo na Fervenza do Pereiro, para pisar a arquitectura romana na Ponte Busacos. Ponte que leva 2000 anos recibindo as pegadas de romanos que cruzaban a antiga IV Vía Romana, as pegadas de peregrinos exhaustos pola Vía da Prata no seu sprint final antes de alcanzar a meta.
Pero non chega ca natureza, tradición, historia, non é suficiente, na Ruta do Pereiro tamén hai milagres, os da fonte de Santa Isabel, milagres que curan as enfermidades da pel, que calman a sede dos camiñantes.