Galicia está chea de ríos e en cada río un ou varios muíños, que forman parte da nosa paisaxe e das nosas costumes e tradicións. E Vedra non é diferente.
Seguindo o curso do río Merín atopámonos cun conxunto de 8 muíños, unha pequena ruta de sendeirismo de apenas 2 quilómetros, perfecta para facer en familia.
Onde os máis cativos, e os maiores, tamén, poderán coñecer o funcionamento deste tipo de construcións, os diferentes tipos de muíños, como os de canle ou os de cubo, e tódalas aventuras que xurdían ao redor das muiñadas.
Ademais dos muíños, a forza do río Merín regálanos unha cascada que podemos contemplar dende un pequeno miradoiro, regálanos as árbores que dan sombra ao noso paseo, e os prados, hortas e viñedos que nos recordan de onde saía o gran para moer nos muíños.
Se quedades con ganas de saber máis e visitar o interior dos muíños podedes mandarnos un correo a casadospeons@concellodevedra.gal.