No entroido o mundo ponse ao revés, grazas as máscaras podemos cambiar de clase social, de identidade, de xénero… E se o mundo ponse ao revés, na Ulla non somos menos e o facemos cun entroido moi especial: « Os Xenerais da Ulla.´´
A orixe dos Xenerais remóntase aos enfrontamentos armados do século XIX como a Guerra da Independencia ou as Guerras Carlistas, de aí a vistosidade dos traxes que nos recordan ó exército napoleónico.
Os xenerais van de casa en casa, de aldea en aldea dando vivas aos veciñ@s, para rematar no Campo da Festa con toda a parroquia xunta e dar os atranques: guerras dialécticas en parellas nas que se fai burla e sátira dos asuntos locais.
Os Xenerais sempre van moi ben acompañados por correos, un exército de «abandeirados´´, coros, comparsas e por calquera que se queira unir a festa.
A festa foi declarada Festa de Interese Turístico e son 8 concellos os que cada ano se visten de xenerais. En Vedra son tres as parroquias que teñen xenerais: Vilanova que celebra o seu entroido o sábado anterior a martes de carnaval, Trobe o domingo de entroido e San Xián o sábado despois do entroido.