Máis de 500 anos de historia detrás duns muros, que esconden unha finca de 40 hectáreas deseñada para o desfrute e deleite dos sentidos.
Un xardín para ser escoitado co constante fluír da auga que viaxa sen descanso polo seus canais, que brota das súas fontes, que cae con forza da cascada, que transmite calma nos seus cinco estanques.
Un xardín para ser cheirado con centos de plantas ornamentais que enchen o espazo de aromas, que converteron ó Pazo nun dos espazos botánicos máis impresionantes de Galicia.
Un xardín para ser tocado con centos de texturas: as codias e follas das 14 árbores catalogadas como senlleiras, a suavidade dos pétalos das camelias, a pedra fría e rugosa dos seus muros.
Un xardín para ser visto e deixarse impresionar cas súas máis de 500 oliveiras no Paseo dos Olivos, ca súas whasintonias robustas que parecen chegar ao ceo, co seu Paseo da Noivas.
E porque non, un xardín para saborealo, para calmar a sede co barroco na súa fonte da Coca, para roubar unha oliva e soñar cos tempos en que se facía un aceite exquisito no Pazo.