Durante os meses de inverno os peregrinos evitaban a dura subida ás cumes nevadas do Cebreiro polo Camiño de Inverno, que era a antiga entrada natural de Galicia á meseta, ruta que xa era usada polos romanos.
Este camiño desvíase do Camiño Francés en Ponferrada cara o Sur e únese á Vía da Prata no concello de Lalín.
Ao entrar en Vedra os peregrinos son recibidos pola Virxe de Gundián, lugar perfecto para descansar á sombra dos carballos e refrescarse nas augas milagreiras da capela. O camiño baixa ata Ponte Ulla, vila de orixe medieval, que aínda conserva restos románicos na súa igrexa. Xa só quedan 20 quilómetros ata Santiago, pero antes da meta unha última parada para calmar a sede na Fonte do Santiaguiño, onde podemos apreciar unhas esculturas do Mestre Mateo, un pequeno aperitivo do que nos espera en Compostela.
O fermoso do Camiño de Inverno, é que consegue que nas súas últimas etapas os peregrinos que veñen do Sur e do Norte únanse e camiñen xuntos.