Máis de 40 anos celebrando o viño.

Cada segundo domingo de abril, San Miguel de Sarandón ofrécenos a oportunidade de degustar un bo albariño e de coñecer as distintas adegas da Ribeira do Ulla. Sarandón énchese de xente, de música, de gastronomía e de bo viño, viño que pertence a D.O. Rías Baixas, á subzona Ribeira do Ulla. Un albariño fresco e afrutado, perfecto para desfrutar escoitando música tradicional no campo da festa, perfecto para compartilo cos amigos.