Dous inmensos contrafortes de cuarzo de 100 metros de altura forman o salto de San Xoán da Cova, salto que se salva grazas á ponte de Gundián. Lugar de espectacular beleza, cheo de lendas vinculadas ao Pico Sacro, a Raíña Lupa e o antigo mosteiro de San Xoán da Cova.

A ponte, construída nos anos 50, conseguiu conectar Santiago con Madrid por tren e no seu día supuxo unha gran obra de enxeñería.

Cun arco peraltado de 50 metros de luz, a ponte foi construída, non só, pensado na súa función práctica, senón tamén estética, xa que parece ser parte deses contrafortes de cuarzo.

Pero o progreso non só chegou co tren a Galicia, tamén nos anos 2000 ca Ponte do Ave, que nos fai sentir pequeniños ao seu carón. Ponte que se eleva máis de 100 metros e que co seu enorme arco apuntado é capaz de enmarcar a vella Ponte de Gundián.