Se no primeiro día visitamos o patrimonio de Vedra, neste segundo percorrido coñeceremos a alma do concello que son as súas costumes e tradicións.


Comezamos a xornada visitando a Área de Interpretación dos Muíños, un claro exemplo de arquitectura popular galega. Nela podemos descubrir o funcionamento dos muíños de canle, que usaban un canal inclinado para dirixir a auga que entraba con forza no muíño facendo xirar a moa e rodicio que xunto ca pedra fixa facían moer o gran. Unha ruta de dos quilómetros, na que imos saltando de muíño en muíño, perfecta para facer en familia, cos máis cativos.

Unha das costumes máis arraigadas do concello é o cultivo do viño. Viño, que pertence a subzona da Ulla da Denominación de Orixe Rías Baixas. Un excelente albariño que se caracteriza por ser máis fresco e afrutado que os viños do resto da D.O. Por iso a nosa primeira proposta é unha das nosas adegas, para coñecer as peculiaridades do cultivo da uva, as características do chan e da climatoloxía da comarca do Ulla que dotan ao viño dese sabor especial e diferenciado. Ou simplemente probalo nunha das Tabernas da Ulla, eso si, sempre en boa compañía.

E despois de desfrutar dun bo albariño, é tempo de ir ata Ximonde, un lugar cheo de tradición, no que non fai moito tempo podíase pescar o mellor salmón. Hoxe en día, acolle a Estación Ictiolóxica de Cría e Reprodución do Salmón, localizada nun fermoso muíño que pertencía aos Condes de Ximonde. A estación pódese visitar con cita previa no email casadospeons@concellodevedra.gal.

En Ximonde podemos sentarnos a merendar nun dos seus postos de pescadores, plataformas que se usaban antigamente para capturar o salmón máis grande, e aproveitar para contemplar a posta de sol sobre a Ponte Colgante de Ximonde, ao tempo que nos preguntamos como é posible que a ponte se manteña en pé sen ningún piar no centro.

Deja una respuesta