Vedra en un día

Vedra nun día

En este momento estás viendo Vedra nun día

Un día é moi pouco tempo para coñecer tódolos segredos que esconde Vedra, pero é suficiente para que te enamores e queiras volver.

A primeira parada é o Pazo de Ortigueira, exemplo de construción paciega galega. Os pazos eran casas señoriais localizadas no campo para deleite e desfrute da nobreza galega, por sorte, a día de hoxe, nos tamén podemos pasear polas súas 40 hectáreas de terreo. Ben de Interese Cultural, é considerado un dos xardíns ornamentais máis importantes de Galicia. Os seus xardíns permítennos descubrir as camelias, resgardarnos baixo a sombra das Oliveiras ou converternos en expertos botánicos identificando as súas 14 árbores senlleiras, alén de, simplemente, desfrutar do son da auga, que se fai escoitar por todo o terreo gracias ao regato do Castilán.

Continuamos o noso percorrido visitando o conxunto histórico de Ponte Ulla, parroquia bañada polo río Ulla e chea de pontes. Un dos seus atractivos é visitar o miradoiro da Ponte de Gundián. Antiga ponte do tren construída nos anos 50, construción que supuxo todo un reto a causa do Salto de San Xoán da Cova, un lugar de beleza extraordinaria, onde o río fura a montaña de cuarzo formando un estreito cunha caída de máis de 100 metros de altura. Este paraxe cheo de lendas e maxia, foi o lugar escollido para situar a ponte de Gundián, un proxecto moi ambicioso para época. Pero a historia repítese, e nos anos 2000 xurde de novo a necesidade dunha ponte para cruzar o paso, pero esta vez era o AVE o que tiña que salvar o estreito da Cova. Esta nova ponte elévase 110 metros sobre o río, enmarcando co seu arco principal a vella ponte do tren, que síntese pequena ao sen carón.

Pero non todo son pontes en Ponte Ulla, un paseo pola súa rúa principal trasládanos ao século XII, cando os peregrinos procedentes da Vía da Prata chegaban a Ponte Ulla esgotados, buscando repouso na Igrexa de Santa María Madalena. Igrexa románica que aínda hoxe conserva a ábsida e contrafortes de mediados do século XII. No seu interior frescos da anunciación do XVI, onde podemos ver ao anxo Gabriel anunciándolle a María o nacemento de Xesús.

Cruzando a Ponte Vella ,si, Ponte Ulla ten unha terceira ponte, atopámonos cunha pista que nos leva ata a Capela de Gundián, virxe protectora dos nenos, a tradición di que os nenos débense lavar na augas da súa fonte e que hai que deixarlle a virxe como ofrenda a roupa dos nenos para curalos