


Un percorrido circular que nos leva pola beira do río Pereiro. 19 quilómetros para desfrutar da natureza con calma e sen présas, para tropezarnos de fronte ca tradición nas pedras caídas dos muíños, para comprender as nosas costumes nas pedras dos muíños, aínda en pé, como os muíños do Pereiro ou o de Novais.
Un percorrido para pararse a contemplar a arquitectura da natureza, que rompe con todo na Fervenza do Pereiro, para pisar a arquitectura romana na Ponte Busacos. Ponte que leva 2000 anos recibindo as pegadas de romanos que cruzaban a antiga IV Vía Romana, as pegadas de peregrinos exhaustos pola Vía da Prata no seu sprint final antes de alcanzar a meta.
Pero non chega ca natureza, tradición, historia, non é suficiente, na Ruta do Pereiro tamén hai milagres, os da fonte de Santa Isabel, milagres que curan as enfermidades da pel, que calman a sede dos camiñantes.

