A camelia desafía a natureza e atrévese a florecer en inverno enchendo Vedra de cores rosáceos.

 Co seu porte elegante é a árbore exótica por excelencia de Galicia, chega a finais do XVIII, producindo, en moi pouco tempo, unha transformación dos espazos xardinísticos, tanto públicos como privados. Os pazos convértense no seu escenario, onde a camelia é a protagonista, e o pazo de Santa Cruz non é diferente.

Pasear pola Carreira das Noivas con frío, arroupados por un abrigo ben gordiño, e contemplar as distintas formas, cores, matices que deixan as camelias centenarias do Pazo, é unha das experiencias máis fermosas que nos deixa o inverno.

Pero a Camelia non é só beleza, é moito máis, é o descanso despois dun día de traballo cunha cunca de te, é a camelia sinensis, que nos regala esta bebida, unha das bebidas máis gratificantes e bebidas do mundo.

A camelia é esa planta que foi capaz de inspirar Alejandro Dumas, presente nas novelas de Emilia Pardo Bazán e nos poemas de Galdós. Como escribiu Alvaro Cunqueiro: «Que ben están aquí as camelias, nun mundo de suaves matices e suaves formas, nun clima humano, onde elas soas durante uns meses son a única flor.´´